Hai unha semana que rematou a 10ª edición do festival e o departamento de orientación quere compartir os resultados de "Pés para que vos quero se teño alas para voar", un proxecto interdisciplinar e interetapa grazas ao que o alumnado afondou no legado de Frida Kahlo, unha artista adiantada ao seu tempo, unha visionaria e abofé unha rebelde, que revolucionou a cultura a través da súa pintura e da política. Sen dúbida, unha muller que a pesar das súas dificultades físicas, conseguíu o éxito.
Velaquí varias imaxes.
Para saber máis, visita o blog de orientación.
Parabéns a todos!