martes, 25 de abril de 2023

A volta ao mundo en 80 refráns

 Encántanos "A volta ao mundo en 80 refráns", un proxecto levado a cabo polo alumnado de 3º e 4º de primaria grazas ao que aprenderon refráns procedentes de diferentes lugares que reflicten a cultura dos países e orixe. 






Para iso, levaron a cabo actividades como a procura de información na rede e en libros a biblioteca, o visionado de documentais e a lectura e apadriñamento lector do alumnado de 1º de primaria para poder así facer un podcast sobre o tema a tratar. Ademais, activaron a competencia lingüística xunto coa dixital xa que empregaron códigos QR para enlazalos con vídeos gravados por eles nos que comparten refráns de diferentes partes do mundo.

 

Moitos parabéns!

No hay comentarios:

Publicar un comentario